XVIII MOSTRA FOLCLÓRICA

02.08.2015 20:47


Neste recuncho cheo de engado e beleza, onde se senten a Gaita e o Birimbao, darémosche a benvida na Mostra do vindeiro 08 de Agosto, cuxo festexo, ao igual que a natureza e a paisaxe, forma parte da nosa historia, cultura e identidade ; hoxe, coma o ano pasado, esta cita co folclore nunha xornada de convivencia,danos o reflexo da súa propia andaina. Nas terras de A Fonsagrada, onde os cumios adoitan bicar o ceo, xurden os cantos e un sorriso para a tenrura do pasado, o valor do presente e a esperanza do futuro. A Fonsagrada, Concello pintoresco que conta co tesouro das súas xentes, ten algo especial que atrae e cautiva, por iso Antaruxas e Sorteiros sempre terá unha débeda pendente convosco. E para rematar, mesturando a vosa benquerenza e o noso soño, desexarvos que pasedes un bo día con nós. Unha aperta.