XVIII FEIRA DO BUTELO 2015 A FONSAGRADA

25.01.2015 11:23

Os vindeiros días 7 e 8 de Febreiro terá lugar a XVIII Feira do Butelo. Ámbolos dous días procederase á apertura da carpa ás 10:00 e pecharase ás 20.00.
O día 7 a inauguración oficial será ás 12:30 e a partir das 16:30 e ata as 19:00 emitirase en directo o programa da TVG "Aquí Galicia".
O día 8 ás 12:00 haberá recepción de personalidades, ás 12:30 actuación dun grupo de música tradicional do AGADIC.
Ás 13:00 en Salón de Plenos do Concello entregaranse as distincións "Butelo de Ouro" e ás 13:30 actuará como todolos anos a Asoc. Cultural Antaruxas e Sorteiros.