XVII MOSTRA FOLCLÓRICA A FONSAGRADA

22.07.2014 20:26

Queridos e benvidos todos:

Estamos outra vez convosco para cumprir unha debeda pendente dende o ano pasado, porque A Fonsagrada, Concello pintoresco que conta co tesouro das súas xentes, ten algo que atrae e cautiva, merecedor dun especial recordo e celebración en cada Mostra Folclórica.

Neste recuncho cheo de engado e beleza, onde se senten a Gaita e o Birimbao, esperámosvos outra vez para celebrar todos xuntos a XVII Mostra Folclórica, cuxo festexo, ao igual que a natureza e a paisaxe, forma parte da nosa historia, cultura e identidade. Hoxe, coma o ano pasado, esta cita co folclore nunha xornada de convivencia, indica o reflexo da súa propia andaina. O vindeiro 9 de Agosto vamos a recibir e abrazar aos Grupos Folclóricos sinalados no Cartel, que dende outros Paises e Comunidades veñen para amosarnos o millor das súas costumes e arte na Danza.Antaruxas e Sorteiros sinte na súa alma as añoranzas polo seu bo comportamento nas viaxes de intercambio que fixemos. ¡ VIVA A FONSAGRADA, ARRIBA A XVII MOSTRA FOLCLÓRICA !