XIV Mostra Folklórica Internacional de A Fonsagrada

19.08.2011 17:45

O pasado día 13 de agosto de 2011, tivo lugar unha nova edición, a décimocuarta, da Mostra Folklórica Internacional de A Fonsagrada. Os grupos participantes este ano foron "Grupo Folklórico Nuestra Señora de la Alegría" de Monzón (Huesca), "Grupo de Danzas Familia Castellana" de Miranda de Ebro (Burgos), "Rancho Folklórico Os Moleanos" de Alcobaça (Portugal) e coma sempre a asociación local "Antaruxas e Sorteiros", organizadora do evento coa colaboración dos locais comerciais do pobo, así como o Concello de A Fonsagrada.

A actuación foi seguida por un grande número de espectadores, que se deleitaron co bo facer tanto das agrupacións invitadas coma da agrupación local, que neste ano estreou pezas de baile, coma "O Santo Amaro" (Treixadura) e Treboada (Pepe Vaamonde), que formaron unha soa peza de baile coreografiada por Lis Latas, e que encandilou ao respetable.

Temos que destacar tamén a estrea de pezas de roupa por parte de algunhas das bailadoras, como lensas reproducidas por Traxandaina a partir da que se conserva no "Museo de A Fonsagrada" (pertencente á Casa de Rellán de A Fonsagrada) e que cedeu para realizar dita reprodución.

Podedes ver as fotos de toda a xornada neste enlace, e os videos neste outro.