VIII Foliada de Melide

04.05.2012 20:30

Compoñentes do grupo de canto e baile de Antaruxas e Sorteiros acudiron á VIII Foliada de Melide e participaron no 4º Concurso de Cantos de Taberna. Houbo gran número de grupos participantes e unha vez rematado o concurso, xunto cos compoñentes do grupo de Orbazai, se dedicaron a amenizar a tarde aos asistentes á localidade coruñesa.

A volta a Fonsagrada retardouse ata o remate do concerto de Pepe Vaamonde Grupo, ás 3:00 da madrugada, pero aínda houbo quen cantou no autobús ata que chegou á vila da montaña luguesa... Xa podían quedar afónicos!!!!!

Podedes ver as fotos aquí.