Valdelacalzada, Badajoz 2014

03.08.2014 21:31

O pasado sábado 2 de Agosto actuou o grupo de gaitas e baile da Asociación Cultural "Antaruxas e Sorteiros" da Fonsagrada, na Semana Cultural de Valdelacalzada, Badajoz, convidado polo Grupo de Coros e Danzas "Araval" do citado municipio pacense. Queremos agradecer aos compoñentes de Araval, así como a todolos veciños de Valdelacalzada e ao numeroso público asistente, o trato recibido. Aproveitando a actuación o grupo realizou unha visita guiada por cortesía dos compañeiros de Araval á cidade de Mérida.

Ver fotos