RECORDATORIO

30.07.2013 12:44

 

Ante a afluencia de matrículas para o I CURSO DE FOLCLORE TRADICIONAL e a pouca marxe de tempo da que dispoñemos, recordamos a urxencia para darse de alta na modalidade elexida (gaita, percusión ou baile).

Este curso trátase dunha experiencia moi interesante que conta con todo o noso empeño para que o resultado sexa do maior agrado para os participantes. O noso folclore, tan rico en modalidades e matices, foi sempre incorporado ao repertorio de distintas agrupacións de toda Galicia, feito que xustifica a realización destas xornadas.

 

Novamente vos informamos de que podedes baixar toda a información para a matrícula do curso nesta páxina web:

 

A.C. "Antaruxas e Sorteiros"

Rúa Os Chaos s/n

27100 - A Fonsagrada (Lugo)