PRESENTACIÓN JUNTA DIRECTIVA Y ACTIVIDADES 2020
Estimados soci@s,
Poñémonos en contacto con vós para mantervos informados sobre as novedades da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros.
A primeiros de ano deciudiuse dende a directiva levar a cabo unha auditoría para informar ós soci@s sobre o estado de contas e a xestión da asociación, así como a celebración da Asamblea Xeral, para o nomeamento dunha nova directiva. Sobrevidos polo estado de alarma, paralizouse toda actividade, e tras a finalización do mesmo, seguimos nunha situación delicada de cara a realización de actividades grupais e xuntanzas. Por iso o noso principal obxectivo e manter a seguridade na realización das actividades, así como na xestión do día a día da Asociación.
Cómpre informarvos que a dirección, actualmente está formada polos seguintes membros:
- Presidenta: Emilia Llano Álvarez
- Vicepresidente: Emilio Arias Fernández
- Secretaria: Sonia Castro Arias
- Tesorera: Mónica González Fernández
- Vocal: Silvia Freije Jardón
- Vocal: Ana Isabel Mosteirín Gegunde
- Vocal: Nuria Capón Domínguez.
- Vocal: Edelmiro Pardo Regueiro.
Dende o día 30 de xuño do 2020, Manuel Álvarez Fernández, non representa a Asociación e tampoco ostenta o posto de presidente; sendo Emilia Llano Álvarez quen o releva nas súas funcións.
Esta directiva ten unha vixencia limitada, e o noso propósito e seguir coa dirección da mesma ata a convocatoria da Asamblea Xeral. A data da celebración desta xuntanza prevese que se celebre no último trimestre do ano sempre e cando as condicións sanitarias nolo permitan. Polo que vos animamos a preparar e organizar candidaturas para presentar na citada asamblea xeral.
No tocante a programación actual da asociación, amosámosvos as actividades que estamos a celebrar:
- Meses de Xullo e Agosto, Clases de Gaita, on line, coste 15 € socios, 25 € non socios. Persoa encargada dos grupos dende a directiva: Ana Isabel Mosteirín Gegunde, teléfono de contacto 667292280.
- Meses de Xullo e Agosto, visionado de baile tradicional a través dos grupos formados en whatsapp. Para os que se queiran inscribir de novo a persoa encargada dos grupos dende a directiva é Nuria Capón Domínguez, teléfono de contacto 678 50 07 66.
- Mes de Setembro, incorporación ás clases presenciais de baile e música.
Por outra banda, de cara o outono e sempre que haxa un mínimo de persoas interesadas, organizaránse as seguintes actividades:
- Obradoiro de linguaxe musical
- Clases de guitarra
- Obradoiro de costura
- Obradoiro de cociña.
- Obradoiro de inglés.
- Teatro
- Invitados de artistas da música e da literatura (charla – taller)
En función da demanda e do coste do profesorado establecerase o precio mensual, tendo para os socios unha bonificación.
Para os que esteades interesados mandar unha mensaxe ao número de teléfono 646172564 (Sonia), de cara a organización e información das actividades, no horario de luns a venres de 16,00 a 17,00 horas.
Seguiremos informando a través das redes sociais, así como por carta.
Moitas gracias
Un saudo
Atentamente
A Xunta Directiva