Presentación do CD da Coral Polifónica Souto do Reiseñor

26.01.2012 16:58

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou en A Fonsagrada na presentación do cedé da Coral Polifónica Souto do Reiseñor, incluido na colección Sons lugueses, que está editado pola Fundación TIC e a compañía audiovisual Miñomedia.

Na fotografía pódese ver a varios compoñentes da Coral xunto ao director da mesma, Armando Cotarelo Álvarez, asi coma ao presidente da Asociación Manuel Álvarez Fernández, acompañado polo alcalde de A Fonsagrada Argelio Fernández Queipo e o xa nomeado presidente da Deputación de Lugo.