Masterclass de baile con Xico Feijóo

07.09.2020 11:43

A A.C. Antaruxas e Sorteiros organiza unha masterclass de baile en colaboración co mestre de danza e canto Xisco Feijóo.

O citado evento terá lugar o 2 de outubro de 2020 no local da asociación, entre as 18:00 e as 22:00 h. En caso de moitos asistentes, trasladarase ao polideportivo municipal.

As persoas interesadas en asistir, deberán anotarse chamando ao 646.172.564 (a partir das cinco da tarde).

INSCRICIÓN TOTALMENTE GRATUITA PARA SOCIOS. NON SOCIOS INSCRICIÓN 10€.

 

Curriculum Xico Feijóo

  Mestre de Canto na ETRAD DENDE 1998.

Director da sección de Canto da OFG Sondeseu dende 2001. Coreógrafo desta entidade.

Director de O Fiadeiro dende 1996 até 2012 con quen dirixiu 7 Galas, 5 delas no Teatro Afundación.

Director do Etnográfico A Buxaina entre os anos 2009 e 2016 con quen dirixiu o espectáculo “Homenaxe ao Gaiteiro”.

Vocalista do gaiteiro Xosé Manuel Budiño entre os anos 2008 e 2014 con que compartiu escea en diversos festivais de tres continentes.

Presentador do apartado de músicas tradicionais do Luar entre os anos 1998 e 2004.

Xurado do concurso “Vai de Baile” do programa Luar nas tempadas 20013/14, 20016/17 e 2017/18.

Mestre de Danza e Canto nos Cursos de verán organizados polo músico Alasdair Fraser en California 20014, 2015, 2019 e en Illa de Sky (Scotland) 2018.

Cantante no espectáculo “Son” da compañía Nova Galega de Danza.

Bailarín e cantante no espectáculo “Entresoños” de Fran Sieira Compañía de Danza.

Gravacións en discos

Trisquel

Mercedes Peón

Quempallou

Lizgairo

O Fiadeiro

Rodrigo Romaní

Quepa Junquera

Caldo e os Rabizos

Fiandola

Pepe Vaamonde Grupo

Xosé Manuel Budiño

OFG SonDeSeu