I CURSO DE MÚSICA TRADICIONAL "ANTARUXAS E SORTEIROS" A Fonsagrada
O obxectivo do curso é amosar, dende un punto de vista contemporáneo, o legado folclórico de A Fonsagrada.
O curso consta de tres especialidades:
Gaita: Mestre Pepe Vaamonde
Aprendizaxe de diversas pezas para gaita características da zona: muiñeiras, xotas e pasodobres particularmente orixinais e diferentes do resto da xeografía galega. Tomando como referencia as gravacións de gaiteiros vellos e singulares da bisbarra.
Baile: Mestre Lis Latas
Estudo da estrutura e construción dos puntos dos bailes soltos típicos da bisbarra de A Fonsagrada.
Zanfona: Mestre Daniel Carballo “Maka”
Aprendizaxe de cantigas de Florencio "O Cego dos Vilares" e outras pezas recollidas na bisbarra de A Fonsagrada.
Datas: O curso celebraráse os días 16 e 17 de Setembro cos seguintes horarios:
Sábado 16
Mañá: 9:30 a 13:30
Tarde: 16:30 a 20:30
Domingo 17
Mañá: 9:30 a 13:30
Prezos:
Non socios: 60€
Socios AC Antaruxas e Sorteiros: 40€
Inscripcións:
Prazo de inscrición: do 3 de xullo ata o 31 de agosto de 2017.
Enviando un correo electrónico a: antaruxas@hotmail.com, facendo constar DNI, nome e apelidos e a especialidade na que quere participar, así como o xustificante do ingreso na seguinte conta:
ES92 2080 0118 4530 4000 6879
As prazas serán limitadas e atendidas por rigorosa orde de formalización. O curso ten un número mínimo de prazas para a súa realización, de non cubrirse este, procederase a súa anulación.
A asociación pon a disposición dos participantes que o desexen aloxamento gratuito para a noite do venres 15 e o sábado 16. Aqueles que esten interesados deben chamar un dos seguintes teléfonos para coñecer as condicións: 669 890 925 ou 639 146 058
Abriremos así mesmo un grupo pechado no Facebook “Fonsagrada Setembro 2017” no que tódol@s matriculados podedes solicitar entrar para estar en contacto e resolver calquera dúbida.