I CURSO DE FOLCLORE TRADICIONAL "ANTARUXAS E SORTEIROS"

16.04.2013 12:27

Adiantámosvos  que para o 30, 31 de agosto e 1 de setembro estamos a organizar un curso de gaita, percusión e baile tradicional da bisbarra de A Fonsagrada. O obxectivo do curso é amosar, dende un punto de vista contemporáneo o interesante legado folclórico herdado dos nosos maiores, e algún lonxevo que aínda participará.

O curso, nas distintas especilidades, será impartido por profesores de recoñecido prestixio: Pepe Vaamonde (gaita), Lis Latas (baile tradicional) e Miguel Anxo López Buján "Chino" (percusión).

Próximamente colgaremos nesta páxina toda a información (ficha de inscrición, tríptico informativo,...) sobre a actividade, así como as datas para a matriculación.