Gala Navideña no Hospital Universitaio Lucus Augusti (HULA)

18.12.2014 06:40

Os gañadores do concurso de postais organizado polo Hospital
Lucus Augusti, entre os nenos ingresados e relacionados co Centro, recibiron os
premios no transcurso dunha gala patrocinada pola área de Humanización
Hospitalaria, o pasado día 23 do mes de Nadal. A Gala, presentada polo Dr.Arco
Iris, Clown e mago vinculado ó Hula, no que tamén participaron o Grupo Carta de
Axuste e o bruxo David Méndez, contou coa presenza da Asociación Cultural "Antaruxas
e Sorteiros", de A Fonsagrada, que tivo a honra de pechar os actos. O grupo de
Danzas e Gaitas da Cultural, que compaxinou no esceario baile tradicional con
cantigas, puxo en escena pezas do seu repertorio tan coñecidas como Xota de
Cervantes; Xota da Fonsagrada / Escano e a insuperábel Pandeiretada. Ao remate
e ó pe de escenario, xa máis pertos do conxunto dos oíntes, a Agrupación
Folclórica despedíuse interpretando a Panxoliña "MUXICAS NO CEO DE BELÉN". Tódolos
compoñentes de Antaruxas e Sorteiros sentimonos cómplices e en débeda coa causa
que nos levou ata o Centro Hospitalario, polo que agradecemos á Organización
que contaran con nosoutros para tan emotivo acto, asi como quedar  xa convocados para repetir no vindeiro ano.

 Moitas grazas, e benvida sexa a Luz do Nadal.