FESTAS NA HONRA DE SANTA MARÍA

13.09.2014 21:56

O municipio da Fonsagrada celebrou os días 8, 9, 10 e 11 de Setembro a súas festas patronais na honra a Santa María. O luns día 8 actuou a asociación cultural antaruxas e sorteiros, actuación adicada ao recentemente falecido Horacio Pérez Magide (Horacio de Xestoso), colaborador activo e desinteresado coa nosa asociación.
Foi ademáis un dos mellores bailadores da Fonsagrada, que deixa espallada  a súa arte na danza tradicional e depositado o seu legado folclórico na súa neta Lucía. Unha pícara que xa está connosco na agrupación, apuntando boas maneiras para representar e deixar moi alta a herdanza do seu avó.

 Descanse en paz.