Corpus 2012

14.06.2012 14:03

Este ano no día de Corpus celebráronse 13 primeiras comunións na Fonsagrada, e algúns dos nenos son compoñentes do grupo de baile de Antaruxas e Sorteiros, como poderedes comprobar nas fotos. A noite anterior foi pasada por auga e con rachas de vento moi fortes que fixeron moi difícil a confección das habituais alfombras que adornan a vila na mañá deste día de celebración.