Corpus 2010

27.08.2010 00:59

O mesmo que nos últimos anos, o grupo de baile e a coral "Souto do Reiseñor", da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros son os encargados das actuacións musicais do día de Corpus, para deleite de todos os asistentes á festa, na que as nenas e nenos do municipio soen celebrar a súa primeira comunión.

Este ano sairon á rúa os "cabezudos e xigantes" construidos por veciñas e veciños do municipio e de fora do mesmo, para recuperar unha tradición que ía camiño de perderse. Catro compoñentes da Asociación foron os encargados de sacalos a bailar polo pobo, facendo recordar á xente os que había hai anos na Fonsagrada e dos que non hai novas de onde están.