Clases de Música e Movemento

22.09.2020 20:15

A Asociación promove as clases de Música e Movemento para nen@s entre idades de 3 a 7 anos, a comenzar cun mínimo de sete nen@s, sendo a cuota mensual 20 €/mes. A actividade tería lugar os sábados pola maña, no local social, en horario de 12:00 a 13:00 horas. O contido das clases abarcaría bailes, ritmo, entonación, psicomotricidade, aprender cancións fáciles no piano, coñecer diferentes instrumentos e tamén distinguir de forma fácil e divertida cancións clásicas como "Para Elisa", " Estrellita"...Esperamos que sexa do voso agrado.