Antaruxas e Sorteiros en A Solaina (TVG)

01.02.2012 18:39

O espazo  da TVG "A Solaina" falou o pasado día 27 de xaneiro con Xosé Luís Latas e Elvira García, unha parella a tempo completo que comparte a súa afección polo baile tradicional no grupo da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, da Fonsagrada, e que ofreceron unha exhibición no estudio da TVG en directo, bailaron ao seu lado Carmen e Jose na "Muiñeira de Fonsagrada", e Amador e Lola na "Xota do Escano". Tocaron estas pezas Manolo ao bombo, Rubén á gaita e José Manuel no tamboril.

Para ver a actuación busca no video a 1ª actuación no minuto 23 e 12 segundos, e a segunda en 1 hora 9 minutos e 47 segundos.