Actuación en Viana do Castelo

04.07.2012 21:34

Comezan as actuacións deste verán, neste caso participamos na "Mostra Etnográfica do Eixo Atlántico", en Viana do Castelo, coa participación de numerosos grupos portugueses, como: Ronda Típica de Meadela, Grupo Etnográfico de Areosa, Grupo Folclórico Cultural Danças e Cantares de Carreço, Grupo Folclorico das Bordadeiras de Casa do Povo de Cardielos, Grupo de Danças e Cantares de Casa do Povo de Vila Nova de Anha, Grupo Folclórico de S. Paulo-Barroselas, Grupo de Danças e Cantares de Perre..., ademais actuaron outros dous grupos galegos: "Cantigas e Agarimos" de Santiago e "Lembranzas Galegas" de Vigo.  Antaruxas desprazou a Viana a 33 compoñentes do grupo, entre músicos e bailadores, que realizaron 3 actuacións ao longo da fin de semana.