ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO I CURSO DE FOLCLORE TRADICIONAL "ANTARUXAS E SORTEIROS"

26.06.2013 12:59

 

Segundo anunciamos no mes de abril, ábrese o plazo de matrícula para formalizar o compromiso de asistencia ao I CURSO DE FOLCLORE TRADICIONAL "ANTARUXAS E SORTEIROS", dende o día 1 de xullo ata o 26 de agosto. Con esta primiera experiencia queremos amosar a tódolos asistendes o noso legado folclórico, que os antergos desta bisbarra se encargaron de recoller e cultivar para deixarnos en herdanza. Confiamos que neste primeiro curso quede a semente para futuros encontros.

Ademais do legado folclórico A Fonsagrada tamén  ten outras cousas que prenden e cautivan (paisaxe, hospitalidade, proximidade das súas xentes, gastronomía, etc.), que farán agradable a vosa estancia. Pola nosa parte estaremos á vosa disposición para facilitarvos información sobre a manutención e a hospedaxe de acordo coas vosas necesidades. Queremos que en A Fonsagrada vos encontredes agusto.

 

Nos seguintes enlaces podedes baixar a documentación e información que precisades para a formalización da matrícula:

 

Vémonos na nosa sede!!!!!!!!

 

A. C. "Antaruxas e Sorteiros"

Rúa Os Chaos S/N

27100 - A Fonsagrada