A Coral Souto do Reiseñor grava un cd

16.05.2011 11:30

A Coral Polifónica "Souto do Reiseñor", pertencente á Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros de A Fonsagrada, ven de gravar un cd cunha escolla das súas mellores cancións. A gravación foi ofertada pola Fundación TIC, dependente da Excma. Deputación de Lugo e a compañía audiovisual Miñomedia S.L.

Editaranse 1000 copias en cd e o rexistro en imaxes do paso por esta experiencia.