A Coral "Souto do Reiseñor" actúa en Baralla

23.08.2011 00:35

A Coral Polifónica "Souto do Reiseñor" actuou en Baralla o pasado xoves día 25 de agosto con gran éxito de público e coa interpretación dunha boa parte do seu repertorio. Estivo acompañada en parte da súa actuación pola Rondalla da asociación local, "Airiños do Neira".

Este acto formou parte das festas en honor a San Vitorio que se celebran como sempre na última fin de semana de agosto nesta localidade.