Clases

Na actualidade esta Asociación, concienciada coas tradicións e a cultura do noso pobo, realiza as seguintes actividades para conservar o legado que os nosos avós nos deixaron.

Impártense numerosas clases de Solfexo, Piano e Acordeón, así como as de guitarra, de recente creación.

As de Gaita e Percusión tradicional son impartidas polo soado gaiteiro Pepe Vaamonde, considerado un dos mellores gaiteiros a nivel nacional e acredor de varios premios de gran prestixio a nivel mundial como o Concurso Pelegrin de Gaiteiros solistas 1993, Concurso Constantino Bellón de gaita solista 1994,1996 e 2000, así como moitos outros.

En canto ao canto tradicional as clases son impartidas por Lis Latas, que posiblemente sexa unha das persoas que máis saiba sobre a cultura tradicional galega.

Outra actividade desempeñada nesta Asociación é a de baile tradicional, impartindo clases a todos os niveis, tamén impartido por Lis Latas, experimentado profesor de Danza tradicional que leva percorrido medio mundo ensinando a nosa cultura.

Estas actividades o que pretenden é fomentar a cultura, a tradición e a música desde idades moi temperás, e até idades tardías, xa que a Asociación integra a todo o que teña interese nalgunha das súas múltiples actividades.