Clases

 

Na actualidade esta Asociación, concienciada coas tradicións e a cultura do noso pobo, realiza as seguintes actividades para conservar o legado que os nosos avós nos deixaron.

As de Gaita e Percusión tradicional son impartidas polo mestre gaiteiro Pepe Vaamonde, considerado un dos mellores gaiteiros a nivel nacional e acredor de varios premios de gran prestixio a nivel mundial.

En canto o baile tradicional as clases son impartidas por Ismael Carcedo, que posiblemente sexa unha das persoas que máis saiba sobre a cultura tradicional galega.

Estas actividades o que pretenden é fomentar a cultura, a tradición e a música desde idades moi temperás, e até idades tardías, xa que a Asociación integra a todo o que teña interese nalgunha das súas múltiples actividades.